O Comité Local do Partido Popular de Burela quere facer públicas as seguintes consideracións con respecto á aprobación dos presupostos de 2007 o pasado xoves, día 28:
1 .- Os presupostos ordinarios do Concello de Burela para 2007 experimentan un crecemento de setecentos mil euros con respecto ós ingresos ordinarios previstos no presuposto do presente 2006. Lembrar que os dereitos recoñecidos do Concello a 30 de Novembro eran de cinco millóns douscentos mil euros, e sobre esa base se elabora o presuposto de 2007. Os ingresos derivados da taxa e da licencia urbanísticas cubríronse e por riba medraron conxuntamente en algo máis de trescentos mil euros, algo que a oposición é incapaz de recoñecer, ainda sendo cuestións de aplicar as catro reglas das matemáticas.