• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

viernes
30.jul 2010
Últimas Noticias arrow Últimas Noticias arrow EL ALCALDE COLABORARÁ PARA BUSCAR SOLUCIONES A LOS GANADEROS AFECTADOS POR EL CONFLICTO CON RÍO
EL ALCALDE COLABORARÁ PARA BUSCAR SOLUCIONES A LOS GANADEROS AFECTADOS POR EL CONFLICTO CON RÍO
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , BARREIROS

Plaza del Ayuntamiento donde se concentraron los manifestantesLa reunión, entre los propietarios de las explotaciones ganaderas barreirenses que la empresa Leite Río no les recoge la leche, representantes del Sindicato Labrego Galego  y alcalde de Barreiros, se ha prolongado por un espacio superior a una hora; a su finalización el alcalde barreirense, Alfonso Fuente, haber ofrecido seguir mediando delante de la consellería e intentar buscar alguna empresa que proceda a la recogida de la leche que hay en las instalaciones para que los productores no tengan que tirarla.
O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, mantivo esta mañá no Concello un encontro cos dous productores ós que Leite Río non lles recolle o leite, que acudiron acompañados polo responsable do Sindicato Labrego Galego, Antonio Villarino. O rexedor contou que “me fixeron chegar as súas demandas e o seu problema. Hoxe independentemente de que no sector hai un problema grave que é o dos prezos, e que leva a que cada mes se dean perdas nas explotacións e eso crea unha serie de tensións que logo ás veces derivan en denuncias ben por agresións ben verbais ou físicas que non entro a valorar, será a xustiza a que as valore, pero nós acordamos que hai que analizar de onde veñen”.
Fuente Parga sinalou que “hai un problema no sector e neste caso a empresa Leite Río decide de xeito unilateral suspender a recollida de leite e eso na parte que lle afecta a este concello nos crea un problema engadido, un problema medio ambiental e un problema dos productores ós que nos recollen o producto. Tendo en conta que no noso concello son dos productores que máis leite entregan ou que son máis grandes hai que estar con eles e botarlles unha man”. O alcalde explicou que “xa onte pola tarde lle comunicaba a existencia desta xuntanza ao conselleiro de Medio Rural e lle preguntaba como se podía solucionar este problema debido ás limitacións que temos dentro do ámbito municipal, e hoxe eu me comprometía con eles a seguir mediando coa Consellería para buscar que algunha empresa poida facer esta recollida de leite”.
Mesa do leite
Alfonso Fuente dixo que “eu ó largo do día quedei de estar en permanente contacto con eles. Estou pendente que se me confirme si pode haber unha empresa que faga esa recollida e o que eu non me podía comprometer con eles era en canto a precios, porque eso debe debatirse mañá na mesa do leite, onde se fala de todos os problemas que está a sofrir o sector”. O alcalde considera que “sería bó que para sentarse nunha mesa do leite este tema estivese resolto, é decir que a recollida estea garantizada e que ningún productor teña que tirar o seu leite ou deixar o seu producto na casa. Con toda a cautela, insisto desde a autonomía municipal que temos, eu estou ó lado dos productores para tentar solucionar este problema”.
O rexedor lembrou que “onte eu xa facía unha chamada a unha empresa e hoxe pola mañá se chamou a outra para tentar solucionar que se lles recolla o producto que é o principal problema que teñen tal e como eles mesmos me trasladaban. Din que sin en dous días esto non se arranxa terán que tomar algunha decisión con respecto ás súas explotacións e esto para nós no noso concello é grave, é grave que dous productores teñan que cesar coa súa actividade porque non se lles recolle o seu producto”. Alfonso Fuente cre que “tamén, e así o falábamos, que coas limitacións que pode ter a comunidade autónoma que evidentemente non son empresa, pero sí deben tutelar as relacións entre os productores e as empresas, e creo que nesa liña estamos. Eu o sábado falei co conselleiro, falamos con Leite Río e xa estábamos traballando nesa liña”.
O BNG de Barreiros amósalle o seu apoio aos gandeiros aos que Leite Río non lles recolle a súa producción. Antonio Veiga di que “nós discrepamos co que se dixo por parte de cargos políticos do PP, concretamente por parte do alcalde de Barreiros e por parte da presidenta da mesa da gandeiría, Enma Álvarez, recente parlamentaria electa. Nós non coincidimos para nada en que esto é un problema puntual de dúas gandeirías por un enfrontamento coa empresa. O problema que subxace de fondo é o dos prezos do leite. Parece mentira que estas dúas persoas non se dean conta de que o tema central é reivindicar un prezo xusto, tal e como se fixo nunha manifestación convocada polos sindicatos que se celebrou en Ribadeo e á que asistiron estes dous políticos. Non sei si se enterarían moi ben a qué foron á manifestación, espero que foran a algo máis que a sacar a foto, e neste senso tamén esperamos moito máis deste goberno, porque tampouco son de recibo as respostas que se deron desde a Consellería decindo que non era un tema importante e que se trataba dun tema puntual”.
Veiga Outeiro sinala que “nós aquí en Barreiros nun momento no que se fala tanto de economía especulativa e de economía productiva… en Barreiros sabemos moi ben o que é a economía productiva, pero o que non imos aceptar no BNG é que aos que realmente adican o seu esforzo a producir sen ningún tipo de especulación e axustándose sempre á lei sexan os que teñan que pagar os resultados da crise ou dunhas políticas diseñadas desde Europa, onde Galiza non tivo a suficiente voz ou a suficiente presenza para evitar esto”. O voceiro nacionalista en Barreiros engade que “vinte anos despois seguimos igual e estánse a ver as nefastas consecuencias dunha mala negociación en Europa. Polo tanto non é un tema puntual o destes dous productores de leite, que para nós e para todos os barreirenses merecen todos os respectos e comprendemos a dificilísima situación pola que atravesan”.
Desde o BNG apuntan que “son xente que viviu sempre aquí, que traballou sempre aquí, que dignificou o agro e que elevaron as súas explotacións ao máximo nivel de tecnoloxía, de eficiencia e de calidade, e así estaban recollendo premios porque eran das gandeirías máis laureadas en todos concursos de Galiza e do Estado”.
Os nacionalistas amósanlles o seu apoio “aos gandeiros de Barreiros e da Mariña nestas súas reivindicacións e que este goberno, que parece ser que vai estar eternamente en funcións, se poña as pilas e que esto sexa tamén o centro do debate (agora que estamos en campaña electoral das europeas) o sector productivo galego. Parece ser que ninguén quere introducir este debate porque os outros dous partidos defenden o mesmo modelo económico neoliberal en Europa e no Estado español. Agardo que esto serva para centrar a atención no que é a razón de ser do noso concello e dunha gran parte da nosa comarca e da nosa provincia como é o agro e a gandeiría”.
   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
TMD         SHW      
Y      K    B     1MC
RWX   D2J   2SS      
  2    1    T U   8SU
LAT         GW8      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Pedro Crisólogo (ob), Abdón (mr), Justino de Jacobis (ob), Senán (mr), Urso (ob), Rufino (mr), Julita (mr), Donatila (vg), María de Jesús Sacramentado Venegas (relg), Máxima (vg mr). Beatos: Acisclo Pina (mr), Benito Josá Labrá (mr), Braulio María Corres (mr), Cosme Brun (mr), Cristín Roca (mr), Eusebio Forcades (mr), Federico Rubio (mr), Francisco Javier Ponsa (mr), Gonzalo Gonzalo (mr), Juan Jesús Andradas (mr), Ignacio Tejero (mr), Manuel Jimánez Salado (mr), Mañoso González (mr), Martiniano Melendez (relg mar), Pedro María Alcalde (mr), Protasi Cubells (mr), Tobías Borrás (mr)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.