|
La Red de Dinamización de la Sociedad de la Información, en colaboración con el Ayuntamiento de Burela, anuncia más actividades de acercamiento a las Nuevas Tecnologías que se están realizando en esta segunda quincena del mes de julio. “Memorias dos Oficios”, junto con un taller tecnológico, son las actividades que se están impartiendo en estas dos semanas.
A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co concello de Burela, anuncia máis actividades de achegamento ás Novas Tecnoloxías que se están a realizar nesta segunda quincena do mes de xullo.
As actividades e as datas nas que se están a desenvolver son as seguintes:
· Obradoiro de “Iniciación a Internet”: con esta actividade preténdese que o usuario/a, ao finalizar este obradoiro, sexa capaz de navegar por Internet a través do navegador libre Mozilla Firefox. Estase a desenvolver de luns a venres, do 20 ao 30 de xullo, de 9 a 10 horas.
· Iniciativa “Memoria dos Oficios”: esta iniciativa consiste na creación de 3 videomontaxes nas que se falará sobre oficios tradicionais. Estase a desenvolver de luns a venres, do 16 ao 31 de xullo, de 10 a 12 horas.
A Rede de Dinamización, da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, enmarcada no PEGSI (Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información), é unha das estratexias fundamentais para a inclusión na Sociedade da Información. A Rede ten entre os seus principais obxectivos titorizar a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da S. I. A RDSI conta con 51 dinamizadores e dinamizadoras espallados pola xeografía galega en diversos Centros de Dinamización, nos que se desenvolven charlas, obradoiros e cursos de alfabetización dixital, entre outros, adaptados ás necesidades de diferentes colectivos sociais como son mulleres, persoas maiores, persoas con discapacidade, xuventude, asociacións e empresas.
|
|
|