El alcalde de Burela, Alfredo Llano, llegó a un acuerdo con FEVE para que los trenes turísticos hagan una parada en Burela los días 18 y 25 de julio 1, 15, 22 y 29 de agosto. La intención es promocionar turísticamente Burela.
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, ven de anunciar que chegou a un acordo con FEVE “para que os seus trens turísticos fagan paradas na nosa vila os días 18 e 25 de xullo, 1, 15, 22 e 29 de agosto. Estes trens que traen unha media de cincuenta persoas imos telos aquí polas mañás desas xornadas e o que van facer é apreciar o noso pobo e todos os seus atractivos turísticos e culturais”.
Llano engade que “imos propoñerlles un percorrido que vamos consensualo coa guía que vai vir con eles, con FEVE, e así imos promocionar turísticamente o noso concello e axudar á xente que traballa cara este sector”. O alcalde considera que “é unha iniciativa moi importante e desde logo que é moi satisfactorio para nós que esta xente queira parar en Burela unhas dúas horas aproximadamente”. |
|
|
Comentarios de usuarios  |
|
Media de votos
|
|
Añade tu comentario
|