• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

viernes
30.jul 2010
Últimas Noticias arrow Últimas Noticias arrow NACE UNA OCIOTECA EN BURELA CON EL FIN DE AYUDAR A LOS PADRES A CONCILIAR LA VIDA FAMILIAR Y LABORAL
NACE UNA OCIOTECA EN BURELA CON EL FIN DE AYUDAR A LOS PADRES A CONCILIAR LA VIDA FAMILIAR Y LABORAL
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , BURELA

El ayuntamiento de Burela pone en marcha una ocioteca durante este verano con la colaboración de la Cruz Roja. Se ha puesto en marcha con la intención de que los padres puedan conciliar la vida familiar y laboral durante los meses de verano. Está destinada a niños de entre 3 y 8 años, que además de divertirse van a recibir apoyo escolar por parte de los profesionales que los atenderán. El horario de funcionamiento será de las 09:00 de la mañana a las 14:00 de la tarde.
As Delegacións de Benestar Social e Traballo poñen en marcha este verán en colaboración coa Cruz Vermella unha ocioteca. Trátase, segundo Neves Cando, “dun programa de respiro familiar para o desenvolvemento integral dos nenos e nenas, facendo do xogo a ferramenta fundamental para acadar os obxectivos que dito desenvolvemento require”.
O programa está destiñado aos nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 8 anos con pais e nais que traballan. A edil nacionalista explica que os obxectivos pasan por “promover dun xeito saudable o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo e social das nenas e dos nenos. Axudalos a desenvolver a súa imaxinación e creatividade mediante o xogo e facer deste xogo non só un elemento lúdico senón que tamén axude á comunicación, ao traballo en equipo e ao respecto mutuo desenvolvendo en todo momento a capacidade de diversión”.
Na ocioteca traballaranse áreas como o xogo, o xogo libre ou de regras, o xogo cooperativo, a paz como valor e traballando na resolución positiva de conflictos, a coeducación fomentando a utilización non sexista dos xoguetes e dos espazos, o respecto polo medio ambiente, a saúde, a animación á lectura, expresión plástica e creativa, expresión musical e dramática ademáis de psicomotricidade. Neves Cando engade que “se empregará unha metodoloxía activa e participativa en todo momento”.
A ocioteca terá por escenario a Casa da Xuventude desde o 15 de xullo ata o 11 de setembro en horario de 9 da mañá a 2 da tarde en dous grupos, un no que estarán os nenos de 3 a 6 anos e outro no que estarán os de 6 a 8. Todas as familias que traballen durante o verán e que queiran que os seus nenos e nenas disfruten deste programa de actividades deberán inscribirse desde hoxe e ata o vindeiro 10 de xullo na Cruza Vermella de Burela “acreditando alí a situación laboral dos pais, porque o que pretendemos é conciliar a vida laboral e familiar dos pais e nais que traballan no verán e que poden optar por estas actividades para que os seus fillos poidan disfrutar e participar nestas actividades que organizamos facendo do xogo un elemento lúdico e didáctico”, seguiu a relatar a concelleira de Benestar Social.
A edil de Traballo de Burela, Sonia Fraga, asegura que este programa de respiro familiar ten como finalidade “establecer desde o Concello un servizo de atención e apoio aos pais e nais traballadores de Burela. Os nenos estarán atendidos de luns a venres no horario laboral entre as 9 da mañá e as dúas da tarde”. A concelleira socialista sinala que “será unha medida de apoio aos pais que están en activo neste momento e tamén pensando de maneira que os nenos poidan establecer un vínculo socializador e de adquisición de habilidades tanto educativas como lúdicas e sociais. Será un programa extenso cunha parte na que os nenos terán reforzo educativo e incluso poderánse divertir tanto dentro da Casa Xuventude como fora”.
   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
JOG         H3L      
K X    Q      O   4EL
XB5   QHN   NQI      
N K    9      T   XNB
E8S         9QQ      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Pedro Crisólogo (ob), Abdón (mr), Justino de Jacobis (ob), Senán (mr), Urso (ob), Rufino (mr), Julita (mr), Donatila (vg), María de Jesús Sacramentado Venegas (relg), Máxima (vg mr). Beatos: Acisclo Pina (mr), Benito Josá Labrá (mr), Braulio María Corres (mr), Cosme Brun (mr), Cristín Roca (mr), Eusebio Forcades (mr), Federico Rubio (mr), Francisco Javier Ponsa (mr), Gonzalo Gonzalo (mr), Juan Jesús Andradas (mr), Ignacio Tejero (mr), Manuel Jimánez Salado (mr), Mañoso González (mr), Martiniano Melendez (relg mar), Pedro María Alcalde (mr), Protasi Cubells (mr), Tobías Borrás (mr)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.