Las 241 invitaciones gratuítas para presenciar el concerto inaugural del nuevo auditorio municipal de Cervo, en la Casa da Cultura de San Ciprián, se agotaron durante el día de ayer. La velada musical a cargo de la artista portuguesa María do Ceo presentará un lleno absoluto pues, segundo informan el servizo de distribución de invitaciones de la Fundación Caixa Galicia “ya no queda disponible ninguna localidad”.
Maria do Ceo, unha das cantantes de fados máis recoñecidas internacionalmente vive en Galicia desde fai anos, e achegarase ata San Ciprián para presentar o seu sétimo traballo “Tan lonxe, Tão longe”. Con este novo traballo ofrece un repertorio de cancións de mesturan ritmos e instrumentación galegos e portugueses. En resume, volve a crear un disco cun sabor a fado e con moitos outros elementos que fusionan as dúas culturas.
Desde a organización quixeron lembrar a todos os veciños que lograsen obter a súa invitación que a inauguración comezará ás 22.30 horas. Neste momento deberán estar presentes aquelas persoas que dispoñan da súa invitación pois con posterioridade a esa hora non haberá reserva de butaca. O acto estará presidido polo Alcalde de Cervo, Alfonso Villares Bermúdez. Trinta minutos despois comezará o concerto.
XUNTANZA COAS ASOCIACIÓNS
No día de onte a concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo, Chelo Gallego Prieto, mantivo un contacto coas asociacións do municipio co obxecto de darlles conta da inauguración, servizos e características do novo auditorio municipal. Xunto a iso a edil entregou a cada un dos colectivos que acudiron á cita unha invitación.
O auditorio municipal de Cervo, sito na Casa da Cultura de San Ciprián, quere ser unha nova infraestrutura cultural ao servizo do pobo, “aberta e dinámica” da que poidan facer uso todos os veciños no desenvolvemento das súas actividades, sempre que sexan compatibles coa natureza das instalacións, así o explicou a concelleira de Cultura quen subliñou que o concerto de María do Ceo completa o gran número de actividades programadas pola Comisión de Festas con ocasión das celebración patronais en San Ciprián, na honra da Virxe do Carme, que comezarán o xoves 10 coas veladas de teatro na rúa a cargo de grupos como A Adala de Fazouro (xoves 10), O Bordelo de Cervo (venres 11) e Ardora de San Ciprián (domingo 13). Teatro na rúa, aproveitando as noites de verán na prazoleta desta localidade. |