• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

martes
09.feb 2010
EL ALCALDE DE FOZ ACONSEJA SOBRE COMPORTAMIENTO CIVIL A LOS FOCENSES Y VISITANTES
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , FOZ

Paseo de A RapadoiraEl ayuntamiento de Foz prepara unas recomendaciones dirigidas a los focenses y también a los visitantes. El alcalde Foz, José María García Ribera, comienza por pedirles a los usuarios de las playas que respeten las indicaciones de los socorristas y los distintos dispositivos salvavidas que se pueden encontrar en las playas. Además, hace hincapié en la necesidad de mantener limpio el ayuntamiento, resaltando que en eso, los ciudadanos tienen también mucha responsabilidad.
Pola presente e dende a Alcaldía do Concello pasamos a describir unha serie de recomendacións que facemos a toda a cidadanía deste Concello e visitantes, para entre todos cumprir as normas e vixiar porque se cumpran.
 
1)      Facer caso sempre das indicacións dos socorristas nas praias, e recalcamos a palabra sempre, aínda que poidamos discrepar, pero eles están para ser respectados e salvar as nosas vidas se se dá o caso.
 
2)      Fóra da hora de vixilancia nas praias se nos bañamos sempre debemos de ter máis persoas preto de nós, non debemos facelo sós, pode pasar calquera cousa inesperada e non ter a quen recorrer, así mesmo debemos de coidar os aros salvavidas, hai un dito moi coñecido que di: RESPETAME, PODO SALVARCHE A VIDA, depende de nós que estean onde sempre deben de estar, no seu sitio, no seu mastro, preto para axudarnos.
 
3)      Ollo coa recollida de lixos, debemos de seguir as normas e depositar a lixos nas horas marcadas para facelo, se por calquera causa esquecemos, na Estrada que une as Praias de Rapadoira e Llás, imos atopar un punto de recollida con contendores verdes e un cartel que di: -Recollida de residuos sólidos-, pero por favor non deixe o lixo nas rúas, cumpra á perfección as normas establecidas.
 
4)      Este Concello non ten nada en contra dos animais de compañía, pero por favor respecten os indicadores que din claramente como se establece a presenza destes animais en distintos lugares do pobo, a maiores solicitámoslles que se equipen de bolsas que o Concello pon á súa disposición e recollan as cacas dos cans, sen dúbida van contribuír a manter unha Vila máis limpa.
 
5)      O noso Concello sempre creu na intelixencia dos mozos e sabemos que a gran maioría cumpre perfectamente as normas de convivencia, pero sempre existen grupos que por un motivo ou outro, crean problemas en distinto mobiliario urbano, pedimos a estes grupos que por favor pensen que unha botella ou un vaso que rompen na praia e queda na area pode servir para que ao día seguinte un familiar dos autores deste feito sufran un contratempo irreparable. Romper bancos, papeleiras, postes de iluminación, non conduce a nada, así como pintar en todo aquilo que atopamos ao noso paso. Queremos dende esta nota sumarnos aos traballadores municipais que velan pola limpeza e piden que respectemos ao máximo todo o mobiliario urbano e que gocemos ao máximo da tempada estival, pero que pensemos que é moi desagradable comprobar como nun momento se tira por terra todo o esforzo de estes traballadores que sofren a impotencia vendo este tipo de actos vandálicos.
 
6)      Pedimos precaución nas posibles visitas a lugares ou áreas recreativas onde debemos ter moito coidado con prender lume, pois as consecuencias poden ser desagradables.
 
7)      Moita tranquilidade e paciencia co tráfico e respecten todos os sinais da Vila, así como a reserva de vaos sinalizados, indican que Foz é moi cómodo e todos os servizos están moi preto uns doutros, por isto suxerímoslles que os coches están mellor no garaxe que na Rúa, pero se utiliza o coche, sobre todo para ir ás praias, procure non deixar cousas de valor neste para evitar posibles sorpresas.
 
Finalmente dicir lles a todos que o operativo estival está en marcha tanto a Policía Local como o resto dos corpos de seguridade está preparados para velar por todo aquilo que necesitemos de estes profesionais, e dende o Concello estamos preparados para que este verán sexa o máis agradable posible, facendo unha programación de todo tipo de actos lúdicos que esperamos sexan do agrado dos propios veciños e de todos aqueles que nos visitan, o cal como máximo representante da Corporación Municipal querémoslles enviar unha cordial benvida e unha grata estanza entre todos nós.
   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
JF9         BSJ      
  T    H    M R   PLH
NMH   HYR   DLQ      
P      M      I   KXI
U74         FSL      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Amonio (mr), Ansberto (ob), Miguel Febres Cordero (relg), Nicáforo (mr), Sabino (ob), Sisebuto (ab), Apolonia (vg mr)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.