El BNG de Foz recurre los presupuestos municipales y pide su anulación. El BNG a través de un subscrito por su responsable local, Inés Paz Neira, presentó dos alegaciones a los presupuestos municipales 2008 aprobados inicialmente con los únicos votos del grupo del gobierno. El BNG alega que en la partida de los ingresos se recoge una cantidad de 405.100 euros en concepto de tasa de depuración de aguas residuales sin que se hubiera establecido ningún mecanismo para hacerlo efectivo.
O BNG a través dun escrito subscrito pola súa responsábel local, Inés Paz Neira, presentou dúas alegacións aos orzamentos municipais do 2008 aprobados inicialmente cos únicos votos do grupo de goberno no pleno do 30 de xuño.
O argumento principal que o BNG alega é que na partida de ingresos recóllese unha cantidade de 405.100 euros en concepto de taxa de depuración de augas residuais sen que estivera establecido ningún mecanismo para facelo efectivo. Polo tanto estamos diante dunha situación taxada no artigo 170 da Lei reguladora das facendas locais onde di que o orzamento é impugnable por omitir o crédito necesario para o cumprimento de obrigacións esixibles á entidade local ou ben por ser de manifesta insuficiencia os ingresos con relación aos gastos orzamentarios.
Para o BNG esta situación rompe co principio de estabilidade orzamentaria dado que non se recollen os créditos previstos para facer fronte aos gastos e as obrigas derivadas dos contratos que ten subscritos o Concello.
Ademais, ao proceder a aprobar nestes termos os orzamentos municipais traería como consecuencia un desequilibrio durante o exercicio entre o financiamento e o gasto que pode redundar no fin deste nunha diminución ou incluso nun Remanente de Tesourería NEGATIVO ao peche do exercicio ao superar o estado de gastos ao estado de ingresos coas consecuencias que leva aparelladas.
Desde o BNG temos que criticar a forma na que o alcalde e o grupo de goberno está actuando neste asunto, aprobando o orzamento aproveitándose da situación de maioría a raíz do escándalo da concelleira do PP e a súa posterior dimisión. Seguindo con esta situación de vantaxe, convoca un pleno extraordinario para este xoves día 7 de agosto co fin de resolver canto antes as reclamacións ao orzamento para aprobalo definitivamente, convocatoria que se fai sen o preceptivo dictame da comisión informativa co que se está utilizando de forma perversa e interesada o trámite de urxencia. Está claro que o PSOE local está desesperado e desorientado na acción de goberno que o leva a usar tácticas pouco democráticas e raiando na ilegalidade.
|