El tramo de paseo marítimo entre Llas y Peizas en Foz ya está abierto al público. Se trata de una zona que era de difícil acceso pero ahora puede disfrutarse cerca del mar. El alcalde, José María García Rivera, se mostraba contento porque los vecinos puedan utilizarlos, lo que demuestra que han acertado, a pesar de las críticas por la utilización de mucho cemento.
No Concello de Foz acábase de poñer en funcionamento un novo paseo marítimo, o paseo que conecta a praia de Llás con Peizás, dende a Lagoa, este proxecto executado pola Dirección Xeral de Costas cun presuposto de contratación de 1.300.000 €, ven a sumarse a unha longa lista de paseos marítimos realizados nos últimos dez anos no Concello de Foz, o paseo en cuestión forma unha senda vistosa pegada á costa donde se entremezclan zonas de paseo, área de mesas para comer, postas de ximnasia, parque infantil e un completo posto de socorro para atender a praia de Peizás, é decir unha serie de elementos que constitúen un servizo importante cara a cidadanía.
Según o Alcalde José Mª García Rivera, que dí que é incrible a cantidade de Paseos Marítimos que se construiron nos últimos anos para mellorar a calidade de vida dos nosos cidadáns, hoxe personas que non poderían nunca acceder á costa pola orografía que tiña por aquel entonces, poden acceder nestes momentos sen ningún tipo de problema, estamos a referirnos as personas que desgraciadamente están en cadeiras de rodas, a persoas maiores con resgos de caídas e aos máis xóvenes que agora si encontran unha seguridade á hora de camiñar polos bordes da costa.
Certamente hai paseos que se fan dunha maneira discreta e integrados no entorno como sucede no municipio de Foz, para non ferir medioambientalmente a nosa costa.
Podemos decir que en Foz fomos capaces de conectar ininterrumpidamente os Fondás, área preto de Mañente, pasando por A Granda, Paseo de Malates que se localiza en Vilaxoane, antigos asteleiros de madeira, porto de Foz, paseo da Rapadoira, paseo Rapadoira-Llás, e agora Llás – Peizás, calquera camiñante pode estar satisfeito de facer preto de 12 km. ininterrumpidamente.
A maiores conectamos a costa en paseos realizados en Fazouro, Pampillosa, Río Ouro, praia das Polas en Nois, paseo de Riosmar en Cangas, e nestes momentos construíndo o paseo e a recuperación da praia de Arealonga.
Estamos pois ante un traballo de equipo realizado polos gobernantes do Concello de Foz, donde se realizaron horas de traballo para conseguir os terreos, nalgún caso realizar os proxectos e noutros casos traballar codo con codo coas outras administracións para que en todo momento ese traballo dera os seus froitos para interese xeral dos nosos cidadáns. |
|
|