El Ayuntamiento de Foz aprobó por unanimidad de sus fuerzas políticas la moción del BNG para pedir de la Xunta que los libros de texto para el curso escolar 2009–2010 sean gratuitos. El portavoz del grupo nacionalista focense, Xan Carlos González Basanta, lamenta que esta petición conjunta no sirva de mucho, ya que el Gobierno de la Xunta tiene decidido eliminar los libros gratuitos en la enseñanza pública obligatoria y convertirlo en ayudas a la compra.
Aínda que Feijoo prometera unha “gratuidade solidaria” na práctica resulta ser a destrucción dunha medida que aseguraba a gratuidade dos libros de texto e do material curricular para todo o alumnado matriculado nunha etapa de ensino obrigatorio en centros públicos. Ademais supón eliminar a posibilidade de compartilos, que conlevaba a reutilización dos libros e que constituía unha medida pedagóxica e ecolóxica. No fondo o que esta medida representa é un ataque en toda regra contra o principio da gratuidade universal do ensino público e unha baixada de pantalóns diante dos intereses das grandes empresas editoriais.
Desta maneira e agás contadas familias, o sistema ideado por Feijoo propón que a maioría das familias teña que pagar os libros de texto dos seus fillos ou fillas. Coas medidas anunciadas pola Consellaría de Educación, só terán dereito a axuda aquelas unidades familiares que teñan ingresos inferiores a 5.400 euros por persoa e ano, ou recibirán o 50% de axuda aquelas que ingresen entre 5.400 e 9.000. (No caso de familias monoparentais o límite inferior aumenta até os 6.000 euros por persoa e ano). Esto significa que case o 40% das familias da Mariña non terán ningún tipo de axuda e só o 25% terán os libros gratis.
Polo tanto está claro que os límites establecidos son extremadamente baixos, o que significa que só un número moi reducido de familias se poderán beneficiar desta axuda. Os límites son tan baixos que se podería dicir que a Xunta limita as axudas para os libros de texto ás familias que estean por debaixo do umbral de pobreza (7.203 euros por persoa en 2007 segundo o Instituto Estatal de Estatística, o INE). Incluso familias monoparentais que non estean obrigadas a facer a declaración da renda por nivel de ingresos quedarían fóra destas axudas, xa que o seu límite son 22.000 euros anuais. |
|
|
Comentarios de usuarios  |
|
Media de votos
|
|
Añade tu comentario
|