Onte no pleno, ante a opinión do BNG de que unha vez levantada a suspensión de licencias se podería producir outra avalancha de solicitudes ata a aprobación inicial do Plan Xeral, o alcalde deu a entender que non pensan informar ningunha das que se presenten.
Esto deixa ver ás claras cal é a forma de actuar deste alcalde, segundo lle interese en cada momento, porque hai que recordar que o ano pasado tramitáronse máis de 40 proxectos urbanísticos en apenas 4 días e resulta que agora todos os que presenten unha solicitude para construír unha vivenda a partir do 5 de abril non se lles vai informar ou terán que esperar ata que o alcalde o considere oportuno. Esta forma de actuar non é nin democrática nin representa un trato igualitario para todos diante dos mesmos procesos administrativos.
Preguntouse lle tamén que pensa facer coas 1.350 licencias anuladas pola Xunta. Para o BNG o alcalde volve a actuar neste caso de forma escurantista, ocultándolle a información aos grupos da oposición e aos veciños. Segundo o alcalde “vanse reunir” esta semana santa para ver a situación e algúns informes xurídicos que o concello pedira, pero non quixo responder nin de que son eses informes nin canto nos custará aos veciños de Foz. Toda esta desinformación certifica o que o BNG pensa: que a aprobación do Plan Xeral (prevista para xaneiro deste ano) se adiou conscientemente ata despois do levantamento da suspensión de licencias para poder legalizar as licencias que concedeu de forma irregular o ano pasado e entre as que se atopa un hotel da súa propiedade, desacatando un requirimento da Xunta e levando ao Concello a un contencioso.
Tamén se interesou por parte do BNG do feito de que algunhas empresas enganchen directamente dos rexistro de auga públicos para uso particular considerando o alcalde que esto é unha cousa normal. O BNG non lle parece normal que un ben público sexa regalado desa forma e menos normal nos parece que ao alcalde lle pareza normal. |
|
|
Comentarios de usuarios  |
|
Media de votos
|
|
Añade tu comentario
|