O Alcalde de Foz volta a faltar outra vez a verdade cando afirma que por Secretaria non foi advertido nunca do carácter preceptivo do informe xurídico na concesión de licencias urbanísticas. Non só non é certo que o Alcalde esta faltando a verdade senón que con carácter xenérico a propia secretaría cando informa licencias de obra ou proxectos urbanísticos facía referencia a isto expresamente.
A formula utilizada habitualmente pola secretaria municipal de xeito literal era a seguinte:”en exercicio das funcións atribuídas no artigo 3.c) do RD 1174/1987 de 18 de setembro polo que se regula o réxime xurídico dos funcionarios da administración local con habilitación de carácter nacional e 195 da Lei 9/2002 de 30 de decembro sobre protección urbanística e ordenación do medio rural de Galicia que esixe para o outorgamento de licencia o preceptivo informe xurídico, formula o seguinte INFORME…”
Tanto é así que sen ir máis lonxe en informes emitidos no mes de Xaneiro (Rexistro de Entrada 336 do día 20), no mes de Febreiro(Rexistro de Entrada 1100 do día 24) ou no mes de marzo(Rexistro de Entrada 1413 do día 9) se recolle a formula legal á que facemos referencia nesta nota. Só uns poucos exemplos que poñen en evidencia a palabra do alcalde ou se quer que o Alcalde o que está é a enganar ao conxunto dos veciños de Foz. O raro non era no noso Concello que as licencias se outorgasen sen informe xurídico senón todo o contrario. Neste sentido instamos ao Sr.Alcalde a que rectifique.
O art.3 do RD 1174/1987 que especifica as funcións de asesoramento legal preceptivo que lle corresponde aos secretarios municipais establece no seu apartado c: “A emisión de informes previos sempre que un precepto legal expreso así o estableza”.Asemade o Art.195 da Lei 9/2002 afirma: : ”A competencia para outorgar as licencias correspóndelle aos Concellos segundo o procedemento previsto na lexislación de réxime local. Para o outorgamento da licencia solicitada serán preceptivos os informes técnicos e xurídicos sobre a súa conformidade coa legalidade urbanística” Non hai logo dúbida da necesidade do informe legal, nin tampouco que o Alcalde era coñecedor da mesma e actuou con coñecemento de causa.
Sorpréndenos que un Sr. que leve doce anos de Alcalde poida obviar ou descoñecer a necesidade do informe e o feito de que en Foz as licencias se levan dando con informe xurídico desde antes de xaneiro, febreiro ou marzo de 2006. Vaia como un exemplo o informe de secretaria do 23 de Xuño de 2000 onde se fai referencia o carácter preceptivo do mesmo. É máis o procedemento para o outorgamento de licencias é semellante na lei1/97 e na lei 9/2002 e o recollido no Art.168.3 da Lei 1/97 e idéntico ao 195.2 da Lei 9/2002.
Ata agora o Alcalde de Foz non fixo máis que botar balóns fora e tentar xustificar o inxustificábel con unha escusa distinta cada día polo que entendemos que hora de que dea explicacións e nos diga a verdade. O único escándalo urbanístico que se montou en Foz en Marzo de 2006 foi o xeito no que Rivera deu as licencias e o xeito no que se resolveron por parte da Xunta de Goberno.
Respecto as licencias outorgadas a un Hotel da súa propiedade non é máis que un agravante desta situación posto que non só deu licencias de forma irregular senón que se deron licencias sen os informes preceptivos nas que o propio alcalde saía beneficiado. |