El BNG de Foz había solicitado una junta de portavoces de los grupos políticos para tratar el tema de la autovía Barreiros-San Ciprián pero Rivera se negó. Los nacionalistas demandaban para la junta de portavoces dos cosas: solicitar del Ministerio de Fomento una ampliación del plazo de exposición pública del estudio informativo y una reunión con los redactores del PGOM para que informasen de la afectación del suelo y de idoneidad de la propuesta de Fomento.
O BNG de Foz solicitara unha Xunta de Portavoces dos grupos políticos para tratar o tema da autovía. Neste escrito –presentado por rexistro o 1 de xullo- demandábanse dúas cousas: en primeiro lugar solicitar do Ministerio de Fomento unha ampliación do prazo de exposición pública do estudo informativo e en segundo lugar unha reunión cos redactores do PXOM para que informasen da afectación do solo e da idoneidade da proposta de trazado que Fomento presenta. Ao día de hoxe aínda o alcalde non convocou esta Xunta de Portavoces polo que temos que pensar que ao alcalde non lle interesa falar cos demais grupos políticos da corporación deste tema. O que si fixo o alcalde para a nosa sorpresa é facer a solicitude pola súa conta sen informarnos previamente e sen que os demais grupos políticos puidesemos dicir nin aportar nada ao respecto. Está claro que o alcalde actuou neste caso mal intencionadamente posto que tivo tempo suficiente para convocar aos grupos políticos antes de enviar o escrito e poder consensualo coa oposición. No escrito que o alcalde envía á Demarcación de Carreteras do Estado o día 7 de xullo solicitando a ampliación, non especifica o tempo solicitado deixando a decisión ao arbitrio do Ministerio de Fomento. Por este motivo, o grupo municipal do BNG vai a facer unha solicitude formal para que a ampliación do prazo sexa de 2 meses máis, como permite a lei nestes casos. E neste asunto o BNG ten que denunciar o pouco respecto político do alcalde ás iniciativas da oposición, quizais pola mente atravesada do Sr. Rivera e da súa obsesión porque non lle saquen “protagonismo”. De calquera maneira desde o BNG seguimos reclamando que a Xunta de Portavoces se reúna antes de que remate o prazo de exposición pública (o 28 deste mes) para tratar un tema de vital importancia para o Concello como é o trazado da Autovía. O BNG remata a súas charlas informativas este sábado, ás 20:30 en Fazouro. Todos os veciños agredeceron e felicitaron ao BNG polo seu interese en dar toda a información sobre o trazado. |
|
|
Comentarios de usuarios  |
|
Media de votos
|
|
Añade tu comentario
|
NON A AUTOVIA SAN CIBRAO-BARREIROS
Escrito por: ARTURO () on 11-07-2009 07:59