Las preguntas presentadas por el GPPP en el pleno del pasado martes fueron registradas en la Diputación, concretamente un día antes de la celebración de la reunión de la corporación provincial. Así lo aseguró hoy el portavoz adjunto de los populares José María González Barcia en respuesta a las "mentiras" manifestadas por el portavoz de los socialistas Antonio Gato.
Engadindo, ademais, que é a primeira vez que o Presidente José Ramón Gómez Besteiro elude respostar no pleno ás cuestións plantexadas dende a oposición e que por regra xeral, ademais, sempre se rexistran o día antes da súa celebración.
Reitera o voceiro adxunto dos populares que o feito de que o máximo responsable da Deputación non queira dar conta do estado no que se atopa o patrimonio da institución o que denota é que hai algo que ocultar porque “aquí prodúxose claramente unha deixadez de funcións” e alerta de que o Presidente Besteiro “pode incurrir en responsabilidades por permitir unha perda patrimonial dos bens de propiedade provincial”.
Para Barcia o que debería facer o Sr. Gato, “na vez de xusitificar o inxustificable”, é explicar por qué razón non se recoñece a existencia é non se dá conta dos dous informes realizados por técnicos da administración provincial sobre a situación da Residencia Miño con data de xaneiro e febreiro, respectivamente, de este ano.
Situación parecida ó caso da anulación dos proxectos de construcción dos ascensores nas casas consistoriais de Lourenzá e Mondoñedo, que foi un asunto abordado na xunta de goberno de 24 de abril á que asistiu o propio Besteiro.
Por todo esto, na opinión de González Barcia “o Sr. Gato amosa unha total falta de rigor sempre que abre a boca, incluso cando tenta dar leccións de responsabilidade”. Así, o voceiro adxunto dos populares suliña que “cando non podo asistir a unha reunión aviso desa imposibilidade con tempo suficiente”; algo que, segundo recalca, non fixo o Sr. Gato cando o pasado luns “non se presentou nin disculpou a súa ausencia” nunha xuntanza convocada para abordar precisamente o regulamento que rexirá o funcionamento da Deputación e que por tal motivo non puido celebrarse. |
|
|