El grupo municipal socialista de Ourol, denuncia que la Junta de Gobierno Local celebró una reunión extraordinaria y urgente, únicamente para la aprobación del pago de 600 euros al alcalde, Marcial Sanjurjo y a la concejal Amalia López (300 euros para cada uno). El portavoz del Grupo Socialista, Carlos López Vázquez piensa que tenían mucha prisa por cobrar.
O Grupo Municipal Socialista no Concello de Ourol, a través do seu portavoz Carlos López, denuncia que a Xunta de Goberno Local presidida polo alcalde Marcial Sanjurjo, celebrou o pasado 29 de maio unha reunión extraordinaria e urxente, na que os únicos puntos da orde día foran: 1º) Ratificación da urxencia e 2º) Aprobación de gastos e pagos, aprobándose unicamente o gasto de 300 euros para o alcalde e outros 300 euros para a concelleira Amalia López Pardo (curiosamente os dous que non teñen soldo do concello) en concepto de asistencias a órganos colexiados, ademais da factura mensual da técnico municipal en temas urbanismo.
Para o grupo socialista esta reunión, igual que outras intranscendentes que celebran, solo puido deberse a que tiveran moita presa en cobrar ou ao feito de que cantas mais veces se reúnan ó mes mais cobran en concepto de asistencias, o que resultaría bastante lamentable tendo en conta a delicada situación económica na que se atopa o concello.
Programa de los Servicios Informativos, conducido por Fernando de Haro, que trata de analizar, mostrar lo que puede pasar inadvertido y ofrecer la clave informativa del día.