La edil de Cultura del Ayuntamiento de Ribadeo, Mariluz Álvarez Lastra, ha presentado esta mañana el conjunto de actividades culturales que se van a llevar a cabo a lo largo de este fin de semana. Aprovechó para recordar también que ya se han presentado las jornadas dedicadas al Marqués de Sargadelos y que se llevarán a cabo del día 13 al 15 de Julio. Resaltó que estarán el 13 de Julio en Santalla de Oscos, el 14 en Cervo y que finalmente llegarán el 15 a Ribadeo, al Auditorio Hernán Naval. Ha resaltado que el plazo de inscripción todavía está abierto y que es totalmente gratuito.
Mariluz Álvarez Lastra, edil de cultura do Concello de Ribadeo presentou esta maña o conxunto de actividades culturais que se van a levar a cabo ao longo da fin de semana. En primeiro lugar, para mañá sábado día 4 de xullo, anunciou que “a Asociación Amadores da Música en colaboración co Concello de Ribadeo organizou o I Festival de Bandas Infantis, no que participarán as bandas de Ribadeo e Foz”. Ademais comentou que o festival contará cunha peculiaridade engadida e é que “se vai a realizar no palco da música do parque de San Francisco. O acto comenzará a partires das sete e media da tarde”.
Por outra banda, Álvarez Lastra explicou que “o domingo día 5, na escola de Cinxe, terá lugar a preestrea da aula municipal de teatro coa obra que estiveron ensaiando durante este curso A burla do galo do autor Roberto Vidal Bolaño”. A entrada é totalmente gratuita e o acto comenzará ás nove da noite.
A responsable de cultura aproveitou para recordar que onte se fixo a presentación das xornadas adicadas ao Marqués de Sargadelos, Antonio Raymundo Ibáñez, que se organizan en colaboración cos concellos de Cervo e Santalla de Oscos. Mariluz Álvarez Lastra sinalou que “se levarán a cabo do 13 ao 15 de xullo cada día nun concello, comezando polo de Santalla de Oscos, para deixar o día 14 a Cervo e rematar o 15 no Auritorio Hernán Naval de Ribadeo. O prazo de inscripción está aberto, é totalmente de balde e pódese facer nas delegacións de cultura de calquera dos concellos”. Por último, engadiu que os cursos están recoñecidos con un crédito de libre configuración para as universidades de A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e animou a tódolos interesados “a facerse co programa, que a parte de reflexar o aspecto teórico e informativo das xornadas inclúe tódalas visitas e actividades de ocio para que cadaquen poida asistir libremente a aquelas que máis lle interesen”. |
|
|
Comentarios de usuarios  |
|
Media de votos
|
|
Añade tu comentario
|
Cuanta actividad cultural.
Escrito por: María Oscuridad () on 03-07-2009 17:15