El BNG retorna a la pancarta y a la movilización una vez se acercan las elecciones autonómicas. El PP asegura que la manifestación convocada por los nacionalistas solicitando la apertura del dique norte de Alcoa no es más que un acto político que muestra la “incoherencia de los nacionalistas”. El secretario provincial del PP y parlamentario autonómica, José Manuel Balseiro, recordó que Francisco Jorquera, senador del BNG, voto repetidamente en contra de la enmienda popular donde solicitaban la apertura de esta infraestructura al tráfico general.
O secretario provincial do partido Popular en Lugo e parlamentario autonómico pola Mariña, José Manuel Balseiro Orol, quixo dar “a benvida” ao BNG na súa postura de reivindicar a apertura ao tráfico portuario do dique norte de Alcoa. Neste senso Balseiro ironizou sobre a manifestación convocada polos nacionalistas para o vindeiro sábado en San Ciprián asegurando que “xa era hora que os do BNG se sumen ás reivindicacións que levamos facendo dende fai tempo dende o PP” dixo Balseiro.
O secretario dos populares de Lugo afirmou que esta convocatoria do BNG “é oportunista e incoherente” porque, pese ao xustificado da petición, non hai que esquecer “a nula iniciativa” amosada polos seus representantes no Congreso dos Deputados e no Senado. Balseiro lembrou que a iniciativa presentada polo BNG reivindicando a apertura ao tráfico do dique de Alcoa no Congreso dos Deputados “é calcada con puntos e comas” á presentada polo PP no Parlamento de Galicia e na Deputación de Lugo “e que foi aprobada por unanimidade”.
Balseiro tamén sinalou que os dirixentes nacionalistas practican “un dobre discurso” segundo estean en Madrid, en Santiago ou na Mariña; e acusounos de facer “un dobre xogo” con este tema. Así, recordou que Francisco Jorquera, “o armante da parafernalia do vindeiro sábado”, votou en contra das emendas do PP para consignar fondos ao obxecto de recuperar a titularidade pública desta infraestrutura portuaria nos debates dos presupostos do 2006 e 2007 na súa etapa coma senador. “Non poden votar unha cousa en Madrid e contar outra diferente na Mariña salvo, claro esta, que a través desta manifestación veñan a recoñecer a mala xestión dos seus representantes no Congreso dos Deputados e rectifiquen a que foi a súa estratexia de apoio incondicional e de seguidísmo a Zapatero”
O dirixente provincial do PP recalcou que de existir vontade política por parte do BNG en loitar pola creación dun porto comercial na Mariña os nacionalistas tiveron moitas ocasións en demostralo ao marxe de convocar manifestacións. “Hai que lembrarlles aos señores do BNG que foron o único partido nacionalista no Congreso dos Deputados e no Senado que apoiou consecutivamente os presupostos do Estado ao longo da pasada lexislatura de Zapatero, sen facer ningún tipo de mención ou condicionante a cerca da apertura ao tráfico desta infraestrutura” recalcou Balseiro; quen tamén lembrou que en decembro pasado o voto do BNG foi decisivo para “salvarlle o pescozo” á ministra de Fomento no debate da súa reprobación.
VOLTA Á PANCARTA
José Manuel Balseiro recalcou o aspecto positivo de que o BNG “volva agora a agarrarse á pancarta” e esperou que a partir de agora a formación nacionalista se una a outras reivindicacións do Partido Popular “nas que si teñen poder de decisión”, coma a axilización das obras do corredor Ferrol-San Ciprían “e co cal levan enganando aos cidadáns da Mariña dende a súa chegada ao goberno da Xunta”.
|