• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

jueves
09.sep 2010
LA XUNTA PRESENTA EL PROGRAMA ARLINGA DE AYUDA A TODAS LAS REDERAS GALLEGAS
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , TODA LA COMARCA


La secretaria general de  Igualdad, Carme Adán, presentó hoy en Cariño el Programa Arlinga 2008 de apoyo a las rederas gallegas, una iniciativa de la Vicepresidencia de la Xunta que nace como una apuesta por la dignificación de este oficio.

Adán explicou, ante un numeroso grupo de profesionais da zona, que o programa servirá para aumentar a visibilidade do traballo das redeiras, mellorando as súas condicións de traballo e a estabilidade laboral, e favorecendo a supervivencia deste oficio que considerou como “un símbolo de identidade de Galiza”.

 

Carme Adán apuntou que este programa, cuxo protocolo foi rubricado xa no mes de abril en Porto do Son coa Federación Galega de Redeiras Artesás “O Peirao”, contará cun orzamento para este exercicio de máis de 600.000 euros para contribuír a paliar algún dos problemas cos que se enfronta o sector na actualidade. Neste senso, aludiu á invisibilidade na que se quixo manter este oficio no noso país, “unha invisibilidade que tamén se dá porque é un oficio desenvolvido por mulleres, ás que nunca se lles quere recoñecer que teñen oficios propios”, e que redunda nun elevado nivel de intrusismo e falta de estabilidade que provoca que cada vez sexa máis difícil exercer esta profesión. No camiño de dar saída a esta situación, manifestou o apoio da Administración galega coa posta en marcha da iniciativa Arlinga, pero destacou o importante papel a xogar polas propias redeiras galegas “co compromiso do seu traballo e aproveitando a oportunidade que agora se lles presenta”.

 

Axudas individuais

Na súa intervención, Carme Adán debullou as medidas recollidas no programa que pon en marcha o seu departamento. En primeiro lugar, aludiu a unha liña de axudas económicas individuais de carácter anual para as profesionais. Con estas axudas, segundo explicou, as redeiras poderán, entre outras cousas, facer fronte as cotas da Seguridade Social durante todo o ano, uns custos agora inasumibles para moitas traballadoras, coa conseguinte inestabilidade no sector.

 

Formación

Como segundo alicerce do Programa Arlinga, a secretaria xeral fixo referencia á formación. Neste eido, desenvolveranse diversos obradoiros nas 12 localidades nas que teñen as sedes as asociacións de redeiras integradas na Federación. Os cursos deron comezo na primeira semana de maio en Cangas, Malpica, Aguiño, A Guarda e Porto do Son e estenderanse posteriormente a un total de 12 portos galegos.

 

Cooperativa de servizos

A terceira medida que contempla o Programa pasa por activar axudas para as asociacións de redeiras e a propia Federación, no camiño fomentar o cooperativismo. Trátase, segundo comentou Adán, de crear unha cooperativa de servizos, un modelo moi acaído á cultura asociativa das redeiras, que contribúa á súa competitividade.

 

Visibilización

Como último punto, tamén se trata de dar a coñecer o traballo das redeiras ao conxunto da sociedade, para o que se desenvolverá unha campaña de sensibilización e visibilidade deste colectivo que se coñecerá co nome de María Soliña. Con esta campaña preténdese valorizar o traballo das mulleres redeiras, concienciar da súa importancia no conxunto do sector pesqueiro e traballar na loita contra o intrusismo profesional. Neste senso, o programa Arlinga aspira a ter un dobre impacto: por unha banda un impacto positivo nas propias redeiras e, por outra, un impacto no conxunto da sociedade.

 

Segundo os datos que manexa a Vicepresidencia da Xunta, máis de 500 mulleres redeiras e 12 asociacións, que serán as impulsoras e integrantes da cooperativa de servizos, se beneficiarán do Programa Arlinga 2008.

 

Corresponsabilidade

Por outra banda, Carme Adán visitou tamén a empresa de Foz Pescados Rubén para falar das iniciativas orientadas á sensibilización, formación e titorización das pemes galegas no eido da corresponsabilidade.  Todas elas forman parte do Plano de Fomento da Corresponsabilidade 2007-2009 que desenvolve a Vicepresidencia da Xunta, a través da Secretaría Xeral de Igualdade.

 

Os obxectivos deste plano son proporcionar a resposta necesaria ás demandas da cidadanía no eido da corresponsabilidade en catro escenarios básicos: persoas, fogar, empresa e sociedade. Tamén deseñar e desenvolver unha política de igualdade que impulse medidas efectivas en cinco áreas básicas de actuación, como son o cambio de roles e estereotipos sociais, a conciliación de tempos persoais e sociais, a extensión dos servizos sociocomunitarios, o establecemento de recursos complementarios de conciliación e a conciliación como depósito de emprego.

 

Tódalas actuacións cos empresarios/as e xestores/as das empresas compleméntanse cun conxunto de ferramentas de axuda, asesoramento e soporte como son a posta en marcha do portal de corresponsabilidade, corresponsabilidade.org, a edición dunha guía de boas prácticas e a posta en marcha do termómetro da corresponsabilidade que permitirá a calquera empresa galega facer unha autodiagnose do seu posicionamento na corresponsabilidade e recibir asesoramento sobre as medidas a por en marcha.


   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
 4          WC3      
OL     2      K   LLU
 5    FI4   BHX      
 S     S      Q   LJT
DU5         KKU      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Nuestra Señora del Claustro, Nuestra Señora de Aranzazu (Arantxa), Nuestra Señora Ermitana. Audomarro (ob), Pere Claver (relg), Estratón (mr), Gorgonio (mr), Rufino (mr), Rufiniano (mr), Severiano (sold mr), Anastasia (vg), Felicia (vg mr), María de la Cabeza (esposa de San Isidro), Wilfrida (ab). Beato: Federico de Ozanán

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.