• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

domingo
14.mar 2010
A herdanza envelenada do PSOE, en materia de saúde
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , Tribuna Pública

LA OPINIÓN DEL DIPUTADO POPULAR JOSÉ MANUEL BALSEIRO SOBRE LA SANIDAD PÚBLICA GALLEGA.
-----------------
José Manuel Balseiro, diputado del PP en el Parlamento GallegoDespois de catro anos nos que a xestión do Goberno bipartito de Galicia trouxo consigo un evidente deterioro do sistema público de saúde na Mariña lucense os notables erros cometidos polo PSOE deslexitiman a esta formación política para dar leccións en materia de sanidade.
Pouco teñen que dicir sobre os instrumentos para recuperar a confianza no funcionamento dos nosos servizos de saúde aqueles que como herdanza deixaron un sistema colapsado, e non foron capaces de abordar nin corrixir as principais problemáticas coas que nos enfrontamos cando falamos do funcionamento do SERGAS.
 
En rolda de prensa o deputado socialista Ismael Rego acompañado do voceiro do PSOE en materia de saúde, Miguel Ángel Fernández López, teñen o atrevemento de rirse de todos os veciños falando de que co bipartito ninguén esperaba máis de seis meses para ser operado. Como é posible realizar semellante afirmación, claramente falsa, cando hoxe é máis evidente que nunca que maquillaron e manipularon as listas de espera tal e como acredita o Consello de Contas de Galicia?. Como é posible facer esta afirmación cando, tanto os deputados do PSOE como os do BNG, negáronse a auditar as listas de espera, tal e como reclamábamos desde o PP co obxecto de evitar que seguira ocultándose unha realidade que estaban a sufrir miles de veciños da nosa comarca, cansos de soportar unhas demoras que una vez máis veñen a negar desde o PSOE.
 
Cómpre lembrar incluso que, cos socialistas no Goberno, por primeira vez na historia,  as listas de espera chegaron ata os centros de saúde, tanto para obter cita co médico de familia como para a prescrición de receitas. É máis, incluso os feitos desacreditan ao voceiro de Sanidade do PSOE que cando exerceu como director do hospital Xeral Calde de Lugo tivo a dubidosa honra de facer do que era á súa chegada o centro con menores listas de espera de Galicia o que maior demora acumula de toda a comunidade.
 
Afondando na falta de rigor, os deputados socialistas teñen o atrevemento de atribuír ao PP a paralización do plan director do Hospital da Costa. Cando saben que hoxe, o hospital da nosa comarca é o único de toda Galicia que non ten nas contas da Xunta, elaboradas polo bipartito, partidas orzamentarias expresas para desenvolver este plan de mellora. Si aparecen, en cambio previsións de investimentos para os plans directores dos hospitais Juan Canalejo (4 M€), Arquitecto Marcide (1,4 M€), Centro Hospitalario de Ourense (1 M€), Hospital de Pontevedra (400.000 €) e do Salnés (1 M€). Pero ni un só euro para o emprazado en Burela que, para o PSOE parecía non existir.
 
Os mesmos deputados socialistas que hoxe falan de insuficiencia de orzamentos, ambos os dous, votaron en contra dunha emenda do PPdeG ás contas autonómicas para 2009 coa que reclamabamos dous millóns de euros máis para o noso centro hospitalario. E non poderán explicar porque simplemente non existe en que cantidade e cal foi a data de licitación das obras e actuacións incluídas no plan funcional do hospital. Quixeron vivir da propaganda cando a realidade é que nos estaban a mentir
 
Nestes cen primeiros días escollemos aos mellores profesionais para acometer o moito traballo que hai que desenvolver neste ámbito tendo en conta a herdanza envelenada recibida, e impulsamos o desmaquillaxe das estatísticas oficiais, para sacar á luz, a un gran número de xente que formaban parte da lista de espera encuberta, agochada pola publicidade enganosa do bipartito.
 
Tan só desde a transparencia, desde un diagnóstico real das doenzas que prexudican o normal funcionamento do SERGAS  podemos garantir un futuro mellor. Esta vez si, cada un dos veciños, e a efectiva protección da súa saúde con calidade e garantías axeitadas ao tempo no que vivimos son prioridades na acción do novo Goberno.
 
 
JOSE MANUEL BALSEIRO OROL
Deptuado do PPdeG
   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
8KR         C2D      
C      F    8 D   I9L
73Y   UIC   2 R      
N G    E    G H   RIP
RBM         DI7      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Afrodisio (mr), Eutiquio (mr), Matilde (reina), Florentina (vg)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.