La polémica está servida. Hace unos días la asociación cultural "O Buril" de Burela, propuso la retirada del nombre de una calle de la localidad al obispo Eijo Garay basandose en la Ley de Memoria histórica. Los populares y una mayoría de los vecinos están en contra de esta propuesta formulada por la asociación proxima al BNG y defienden que el obispo fue un benefactor importante para Burela y que por eso debe de mantenerse la calle con su nombre. Eijo Garay fue el promotor de las obras de construcción del puerto pesquero, en la actualidad el principal motor económico de la localidad y de la comarca.
RECOÑECEMENTO A RICARDO PENA, SI; MANTEMENTO DA RÚA EIJO GARAY COMO ESTÁ, TAMÉN.
Postura oficial do Partido Popular de Burela.
Vaia por diante que estamos totalmente de acordo con que Ricardo Pena teña o máximo recoñecemento. Non debemos esquecer que o Partido Popular foi quen propuxo a D. Ricardo Pena Domínguez como Cronista Oficial do noso Concello, e non precisamente co apoio de certos partidos políticos: o BNG abstivérase na sesión plenaria de 29 de Setembro de 1997. Tampouco hai que esquecer que foi o goberno municipal do PP o que habilitou espacios na Biblioteca de Burela para acoller a biblioteca de Pena Domínguez. Por certo, sería aplaudido pola maioria de veciños e veciñas deste concello que a Biblioteca Municipal, ou a mesma Casa da Cultura, levara o nome de Ricardo Pena Domínguez. O PP apoiaría sempre tal iniciativa.
Antonte, luns, representantes do PP mantivemos unha reunión mui cordial con representantes do Buril, autores da proposta de cambio de nome da Rúa Eijo Garay, a petición deles. Cousa que se agradece e que motivou que o PP retrasase o seu posicionamento oficial. Reuniòn que serviu para clarificar cuestións sobre a proposta, e de paso deixar aberta unha porta de diálogo sobre todo o que afecte a Burela.
O PP quere deixar claro que non está de acordo, e polo tanto oporase se o asunto se debate no Concello, co cambio de nome da Rúa Eijo Garay. Consideramos que esta proposta, que o Buril está no seu dereito de facer, está plantexada con pouco rigor e ademais está a atopar un forte rexeitamento por parte da cidadania.
Entendemos que de levarse a cabo un “lavado de cara” conforme á lei de memoria histórica, que nós rexeitamos, deberíase aclarar se se queda neste nome ou se tén previsto facer máis propostas. E sería bon sabelo canto antes, para non ter que atopármonos con sorpresas, algunhas seguramente que desagradables.
Desde o PP só queremos lembrar que o bispo Eijo Garay foi recoñecido, segundo consta en acta de once de Xaneiro de mil novecentos trinta e un, como presidente de honra do Pósito de Burela polo seu compromiso para que se subastaran as obras do muelle de Burela (ver o libo de Ricardo Pena Domínguez, páxina 202). Como é facilmente deducible, o porto foi o motor, indiscutible, do progreso económico de Burela; polo tanto, non está demais ser agradecidos a quen axudou, xunto con outras persoas, a xestionar a súa construcción inicial. Pero é que estas mesmas xestións continuaron nos anos trinta, corenta e cincuenta: cabe pensar que o agradecemento debería ser maior se cabe. Xustamente por eso é polo que a rúa leva o nome de Eijo Garay. Non por outras connotacións que non veñen ó caso.
Non debemos esquecer que gracias ó porto de Burela, moitas persoas, durante décadas, de Burela e vidas de fóra pero que se sentiron e se sinten de Burela, poden vivir aqui; sen ir máis lonxe, os colectivos caboverdiano e suramericano, que teñen como principal fonte de ingresos o mundo do mar, que hoxendía é o que é porque houbo persoas coma Eijo Garay que colaboraron dentro das súas posibilidades para facer posible o que era un soño nos anos vinte do século pasado. Sorprende, xa que logo, algunha que outra manifestación que logo de analisada só cabe calificala como irrelevante.
O colectivo cultural Buril é mui libre de facer esta proposta, pero desde o PP entendemos que non deixa de ser, tal e como se plantexa e vistas as reaccións que desencadena, un debate improductivo e unha perda de esforzos, cando os problemas culturais de Burela son outros, como a falla de subvencións do Concello ós colectivos culturais, o retraso no cobro de axudas oficiais do proprio concello, da Deputación,...; ou mesmo o horario de verán da biblioteca. Mesmo os cidadáns estamos agora con outros problemas (e tamén Buril), o vial Barreiros-San Cibrao, que pode decidir o futuro de Burela, ou a crise económica que nos afecta a todos.
Por todo eso, o PP oponse a este cambio de nome da rúa Eijo Garay, e adianta que de levarse a pleno votará en contra, porque entende que é unha proposta que se esquece do que a persoa citada fixo polo noso Concello. É máis, de executarse o cambio de nome desta rúa, o PP garante que, cando volva ó goberno municipal, volverá a repoñer o nome de Rúa de Eijo Garay.
En Burela, a catorce de Xullo de dous mil nove.
O PP de Burela.
|
|
|
totalmente de acuerdo
Escrito por: EXPOMAR () on 15-07-2009 15:06