• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

lunes
06.sep 2010
EL BNG PIENSA QUE ROEL NO TRABAJA Y SÓLO MAREA LA PERDIZ
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , VIVEIRO


El BNG de Viveiro denuncia el desorden con que actúa el Ayuntamiento y su alcalde, Melchor Roel, a la hora de cumplir acuerdos, celebrar plenos o tratar asuntos importantes para el pueblo. Los nacionalistas critican los constantes viajes a Lugo de Roel y afirman que se ha especializado “en marear la perdiz”.

O portavoz do Bloque Nacionalista Galego no concello de Viveiro insiste, outra volta, en que o alcalde de Viveiro segue a actuar desordenadamente incumprindo os acordos plenarios. “Non convoca as sesións ordinarias—manifesta Xosé A. Goás Basanta—e celebra sesións extraordinarias onde non inclue asuntos presentados regulamentariamente  polo BNG”.

Para mostra un botón, ou dous: o BNG presentou, o 25 de abril pasado,  recurso contra o acordo de modificación do contrato coa empresa adxudicataria do servizo de auga e saneamento. O lóxico é que este asunto se incluise, cos informes pertinentes, na vindeira sesión. Nada de iso fai. Convoca, outra volta, un pleno extraordinario—o caso é chuparse os ordinarios onde calquer concelleiro pode presentar iniciativas na mesma sesión—e non inclue o recurso. Esta é a tan cacareada transparencia?

A outra mostra: o BNG presentrou unha moción sobre as infraestruturas para traer o gas ao Concello, o día 30 de abril pasado. Tampouco tivo a ben incluíla na orde do día dun pleno convocado 5 días despois. Onde está a tan cacareada participación?

E máis: neste pleno extraordinario inclue unha relación de facturas para o recoñecemento extraxudicial. Pois ben o noso Grupo ten presentado desde o día 16 de xaneiro pasado unha solicitude para que se facilite un listado de facturas recoñecidas e sen recoñecer. A esta solicitude: a calada por resposta. Onde van os orzamentos participativos?

En fín, aí lle van aos veciños de Viveiro 3 mostras do talante do señor Roel, ocupado en aprazar reunións, viaxar a Lugo e especializarse no deporte de “marear a perdiz”.

 

Los nacionalistas denuncian la no inclusión en los órdenes del día de los plenos de los recursos y mociones que ellos presentan. Al pleno de mañana presentan una moción más, esperando que sea incluida, sobre la gasificación del municipio.

 

 

 

MOCIÓN SOBRE AS INFRAESTRUCTURAS PARA TRAER O GAS AO CONCELLO

 

 

Exposición de Motivos

No mes de xuño do pasado ano, o conselleiro de Innovación e Industria, o nacionalista Fernando Blanco, asinou un convenio de colaboración coa empresa Gas Galicia coa fin de desenvolver a cuarta fase do plan de gasificación de Galiza.

O convenio ten como obxectivo ampliar e mellorar as infraestruturas da rede gasista para garantir a subministración de gas natural naqueles concellos cuxo potencial de desenvolvemento se considera prioritario. Cun investimento de máis de 18 millóns de euros a intención é levar o subministro de gas natural a 25 concellos, entre eles ao noso. Esta cuarta fase do plan de gasificación de Galiza a desenvolver durante os vindeiros catro anos permitirá a construción de 100 quilómetros de redes e ramais de distribución industrial e doméstico-comercial, creando máis de 39.000 puntos de conexión así como a distribución de gas a diferentes polígonos industriais.

A Consellaría de Innovación e Industria pretende con este acordo favorecer a gasificación de zonas nas que a retribución específica do Ministerio e os fondos públicos da Administración autonómica, que poderá achegar un máximo do 30%, aseguran a rendibilidade dos investimentos nas redes de distribución a estes núcleos nos que, doutro xeito, sería inviábel economicamente. É este un dos requisitos exixidos polo Ministerio de Industria para conceder unha retribución específica para as empresas que queiran acometer a gasificación de núcleos de poboación que non dispoñan de gas natural, coma o noso. Para conceder a devandita retribución, que pode chegar como máximo aos 18 millóns de euros por proxecto, tamén se exixe que as empresas subscriban convenios de colaboración coas comunidades autónomas para acometer a gasificación, acordos que o Goberno galego xa asinou hai agora case un ano.

No entanto, e transcorrido todo este tempo, o certo é que o desenvolvemento e execución das actuacións previstas están paralizadas diante da pasividade do Ministerio de Industria que aínda non adoptou ningunha decisión respecto das retribucións das que depende o inicio das actuacións e que polo tanto o noso concello poda dispor deste servizo nos vindeiros anos.

En definitiva, fronte ao esforzo, a vontade e o compromiso do nacionalismo desde a Xunta de Galiza por avanzar na gasificación do país, atopámonos cunha dilación e parálise inxustificada desde o Ministerio de Industria que prexudica claramente aos veciños e veciñas do noso concello.

 

Por todo isto, propoñémoslle ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte

ACORDO

Dirixirse ao Ministerio de Industria solicitándolle que axilice a resolución e aprobación das retribucións precisas para a execución das actuacións de gasificación conveniadas entre a Xunta de Galiza e a empresa Gas Galicia para dotar deste servizo, entre outros, ao noso concello.


   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
YDE         51T      
D U    T    7     OAT
FGT   IJ7   D9F      
E E    J    U B   STS
79W         7DU      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Cagnoaldo (ob), Eleuterio (ab), Manuseto (ob, mr), Onesíforo (mr), Petronio (ob), Zacarías (prof), Prepedigna (mr). En Extremadura: Nuestra Señora de Guadalupe. Beatos: Buenaventura de Forlí (pbro), Bertrán de Garrigues (pbro)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.