• Increase font size
  • Decrease font size
  • Default font size
  • default color

Cope de la Costa

lunes
06.sep 2010
MAÑÁ INAUGÚRASE A RÚA DEZ DE MARZO
Calificación del usuario: / 0
MaloBueno 
 

Sección : , VIVEIRO


Mañá, sábado día 15 de marzo, ás 12 horas, inaugúrase na localidade luguesa de Viveiro a rúa Dez de Marzo, situada na zona da praza Maior. O nome da rúa obedece a un empeño da Fundación 10 de Marzo (F10M) —creada polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia (CC OO).

A intención da Fundación é conseguir que nos mapas urbanos das cidades e vilas galegas se lembre a data do Día da Clase Obreira Galega, como acontece por exemplo coa ferrolá praza Dez de Marzo. No acto estarán o alcalde da vila, D. Melchor Roel Rivas, así como unha representación da F10M e de CC OO.

Xa ao mediodía, contra as 14:30 horas, no Restaurante Louzao (situado fronte á praia de Area) terá lugar a entrega dos Premios 10 de Marzo, cos que a F10M galardoa todos os anos unha serie de persoas que se destacaron polo seu compromiso en defensa dos dereitos das traballadoras e traballadores. As persoas que serán premiadas este ano son Isabel Pita, Ilda Aguiar, Antonio Dopico, Anselmo Hoyos e Manuel Landeira.

Apuntamentos biográficos

Isabel Pita Lamelas (delegada do Comité de Empresa de Hijos de Carlos Albo S. A. ata a súa xubilación) e Ilda Aguiar Lage (presidenta do Comité de Empresa de Hijos de Carlos Albo S. A.) son dúas traballadoras da conserva. En estreita colaboración, trataron de dignificar as condicións laborais no sector, ademais de reclamaren un tratamento de respecto como o de calquera traballador ou traballadora.

Antonio Dopio Dopico foi un traballador loitador e afectado polas folgas e loitas de 1972 en Ferrol. Cando o despediron tivo que marchar e recalou na Mariña, de onde é orixinaria a súa dona. Participou activamente nas primeiras folgas da construción na comarca, en particular as da empresa máis importante da zona, ALCOA (antigamente Alúmina-Aluminio), levando por toda a bisbarra as reivindicacións que CC OO propuña para os convenios colectivos de cada sector.

Anselmo Hoyos Sáiz naceu en Bilbao en 1929. Fillo de ferroviarios, desempeñou variadas ocupacións profesionais en Madrid logo da Guerra Civil. Emigrou a Francia a principios da década dos cincuenta, onde entrou en contacto co mundo sindical e co PCE, organización na que ingresou en 1951. En Galicia desempeñou tarefas organizativas, especialmente no mundo obreiro e estudantil ata 1968.

Manuel Landeira Maneiros naceu en Ferrol en 1916. Afiliado desde novo á CNT, en agosto do 1939 foi detido pola Garda Civil, e ata febreiro de 1940 estivo recluído no castelo de San Felipe (Ferrol). Doce anos máis tarde, Landeira entra a traballar na compañía La Gallega (actual Unión Fenosa). Foi elixido representante sindical, cargo que mantivo ata a súa xubilación en 1979. Participou na fundación das Comisións Obreiras como movemento e na súa transformación como sindicato de clase. Canda Xulio Aneiros integrouse na Federación de Xubilados de CC OO.
   
Incluir este articulo en su web
Añadir esta noticia a Favoritos

Comentarios de usuarios  RSS feed comment
 

Media de votos

 


Añade tu comentario
Nombre
Título  
 
Comentario
 
Caracteres disponibles: 2500
 
  Mathguard security question:
RSS         AJP      
D      A    H L   TAN
CLA   TDB   6IT      
  P    7    F S   DWT
724         5S6      
   
   

Ningún comentario guardado



mXcomment 1.0.8 © 2007-2010 - visualclinic.fr
License Creative Commons - Some rights reserved
 

Galería de Imágenes

HORA

 

Interesa ....

Web Personal de Julio Carballal con imágenes, noticias, artículos de opinión..

Guía Turística COPE DE LA COSTA con información de los municipios de A Mariña de Lugo y El Occidente de Asturias

Calendario COPE DE LA COSTA 2009

Guía COPE DE LA COSTA con recetas de restaurantes de la zona 2009

Ribadeo On line Toda la Información sobre Ribadeo

Encuesta

¿A QUÉ CANDIDATO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 
¿A QUÉ PARTIDO VOTARÍA HOY EN RIBADEO SI HUBIESE ELECCIONES MUNICIPALES?
 

Nuestras Webs

 Página web de la cadena COPE

 Página web de la emisora musical Cadena 100

Página web de la televisión de la COPE

Santos del día

Cagnoaldo (ob), Eleuterio (ab), Manuseto (ob, mr), Onesíforo (mr), Petronio (ob), Zacarías (prof), Prepedigna (mr). En Extremadura: Nuestra Señora de Guadalupe. Beatos: Buenaventura de Forlí (pbro), Bertrán de Garrigues (pbro)

Popular TV »

Programas de Popular TV
Porque te importa tu familia.